Saturday 27 de April de 2024

Iniciada a rehabilitación do parque infantil da Lombiña


Recentemente deron comezo as obras de rehabilitación do parque infantil da Lombiña, as cales se enmarcan nos investimentos financeiramente sostibles do POS+2021 da Deputación da Coruña.

Ata o lugar desprazáronse o alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), e a concelleira dos Servizos Municipais, Estefanía Ramos (Nós Pobra), para comproba-la evolución das tarefas que estarán rematadas antes de que finalice ¬2021. Segundo manifestaron, trátase dunha intervención “moi demandada” pola veciñanza debido ás condicións que presentaba o parque.

Os labores consisten na execución dun novo pavimento, a colocación de caucho e a dotación de novo mobiliario e xogos para as crianzas: varios balancíns e randeeiras, un tobogán e un equipo combinado. Ademais, disporase dun peche perimetral de madeira.

A superficie é de 287 metros cadrados e cóntase coa autorización do Servizo de Urbanismo ao situarse no dominio público marítimo-terrestre.

A actuación foi adxudicada á empresa Ouri Entretenimientos S.L. por un importe total de 46 878’46 euros, IVE incluído, dos cales 32 000 euros proveñen do ente provincial e 14 ¬878’46 euros da Administración local.